Arquivo da categoría: Formación

A cuadratura do círculo e outros cálculos xeométricos

Xoves de arte e didáctica

Encontro mensual de formación en liña

Pese ao enorme reto que supuña organizar unhas xornadas didácticas telemáticas por mor da COVID, parece que foron un éxito rotundo. As achegas que recibimos a través do formulario de avaliación foron moi positivas e o ánimo que respiramos ao remate das xornadas foi de recuncar.

Por esta razón, decidimos iniciar un novo formato de formación e continuar organizando pequenos encontros en liña. Serán charlas breves e dinámicas cun pequeno debate que organizaremos regularmente o primeiro xoves de cada mes entre setembro e xuño. A idea é facer unha presentación de 40 minutos e deixar 20 minutos para preguntas e coloquio, de xeito que o encontro dure aproximadamente unha hora. Ao igual que as recentes xornadas faremos estes encontros a través da aplicación de Falemos.

O vindeiro xoves 3 de xuño iniciaremos este ciclo de encontros as 19:30 co noso compañeiro Paulo Porta, falando sobre “A cuadratura do círculo e outros cálculos xeométricos”.  Convidámosvos a participar!

Paulo Porta: A cuadratura do círculo e outros cálculos xeométricos

Encontro en liña a través de https://falemos.edu.xunta.gal/AGEDA
Xoves 3 de Xuño de 19:30 a 20:30

Novos espazos de aprendizaxe: o blog de aula. VI Xornadas didácticas AGEDA

Lugo, 25 e 26 de abril de 2014
Apertura
Venres 25 de 16:30 a 17:30
1._ Debate sobre o uso e as posibilidades didácticas dos blogs de aula e outros espazos virtuais
Creación e mantemento de blogs de aula con WordPress
Venres 25 de 17:30 a 20:30
1._ Construción, deseño e configuración do blog
2._ Administración do blog (usuarios, contido, temas, apariencia, plugings…)
3._ Edición de contidos
4._ Inserir imaxes, elementos multimedia e applets
5._ Incrustar elementos de medios externos (presentacións, vídeos …)
Creación e mantemento de blogs de aula con Drupal
Sábado 26 de 10:00 a 14:00: Creación do blog
1.- Comprobación dos módulos instalados
2.- Creación do conxunto de taxonomías e menú
3.- Creación das vistas do módulo views: portada, hemeroteca e máis visitados
4.- Elección do tema a asignación empregando o themekey
5.- Configuración do bloques: categorías, máis visitados, etiquetas, meta
Sábado 26 de 16:00 a 20:00: Inserir contidos no blog
1.- Texto simple, elixindo a categoría (estática ou ben con etiquetas)
2.- Inserir unha imaxe
3.- Copiar e pegar do Writer
4.- Incrustar: pdf, Youtube, Geogebra
5.- Motor de RSS e configuración do cliente