¿Quen pode asociarse?
Calquera persoa que imparta Debuxo, Plástica ou materias da área artística no ensino regulado galego, así como as persoas con titulación adecuada para facelo.
¿Por que asociarse?
Porque a realidade demostra que só como colectivo teremos posibilidades de defender a posición do ensino artístico e o recoñecemento do noso traballo.
¿Como asociarse?
Para ser membro de AGEDA debes cubrir e entregar o documento de Inscrición/Domiciliación.
O documento ten dúas partes, nunha manifestas a túa vontade de pertencer á Asociación, e noutra autorizas o cobro domiciliado no teu banco ou caixa.
Debes cubrir todos os datos, asinar as dúas partes e facernos chegar a primeira:
- En man, en calquera das reunións ou concentracións que teñan lugar.
- Por medio doutro asociado se non podes achegarte ao lugar das reunións.
- Por correo postal ao IES Arcebispo Xelmírez 1 . Poza de Bar s/n . 15705 Santiago de Compostela (á atención do Depto. de Debuxo).
IMPORTANTE: Debes entregar a metade inferior do documento na túa oficina bancaria, para que se nos permita realizar os cobros.
A cuota actual é de 40 euros nun pago anual para profesores numerarios e interinos. Os sustitutos temporais e parados teñen unha reducción do 50%.
A cuantía e periodicidade da cuota foi sometida á votación dos socios inscritos, e aprobada na Asemblea Xeral do 4 de maio de 2007. Poderá variar no futuro, a decisión da Asemblea Xeral. Durante os últimos anos, en vista de que os pagos cubren sobradamente os gastos, estase cobrando só a metade desta cuota, e mesmo en 2019 e 2020 non se emitiron recibos nin se pide para as actividades formativas máis que unha matrícula mínima, para cubrir os gastos materiais.