1º Concurso de Recursos para a docencia do Debuxo e Artes Plásticas

Iº Concurso de Recursos para a docencia do Debuxo e Artes Plásticas

Obxectivos- O presente concurso pretende estimular e incentivar a creación e intercambio de materiais de apoio á docencia do Debuxo e as Artes plásticas.

Participación- Poderan participar todas aquelas persoas físicas a título individual ou de xeito colectivo que se atopasen exercendo a docencia reglada na Comunidade Autónoma de Galicia nalgún dos cursos académicos de 20102011ao presente 2015-16.

Características dos recursos apresentados a concurso- Admítense todo tipo de materiais e recursos educativos en soporte informático feitos en lingua galega/inglesa/castelá destinados ao ámbito do Debuxo e as Artes Plásticas publicados baixo licenzas libres como Creative Commons ou GPL.
Cada participante poderá enviar un máximo de 3 recursos educativos a título individual ou de xeito colectivo. Ditos recursos, xunto coa documentación que especifique: Título do traballo, materia/s ao cal se destina, curso ou nivel recomendado, autor/es, breve descripción do contido/s a tratar ou temática e de ser o caso as indicacións que se consideren necesarias para amosalos a través de internet.

Premios- Concederanse un primeiro premio cunha dotación de 500 € e ata 5 accésits cunha dotación de 100 €.

Prazo e forma de presentación- Admitiranse todos aqueles recursos enviados antes do 31 de xullo do 2016. Os materiais deberán ser enviados por correo electrónico á seguinte dirección, de tratarse de documentos pesados poderase utilizar un servicio de transferencia de arquivos como wetransfer: actividades@webageda.org

Procedemento de selección e Xurado- A Directiva de AGEDA nomeará un comité seleccionador composto por 5 persoas para comprobar que os recursos educativos sexan orixinais, teñan valor educativo e posúan a suficiente calidade técnica para ser amosados. Aqueles que se consideren de interese para a comunidade docente serán expostos na web da Asociacion galega de Ensinantes de Debuxo e Artes Plásticas.

Votación e publicación de resultados- Unha vez publicados abrirase un prazo no que cada membro de AGEDA poderá emitir por correo electrónico un voto de 5 puntos, outro de 3 puntos e outro de 1 punto. Na resposta de confirmación cada votante recibirá unha clave privada. Rematado o prazo será publicada unha táboa de puntuacións onde cada un poderá comprobar a inclusión correcta dos seus votos.

Acreditación- AGEDA emitirá un certificado acreditativo para o gañador ou gañadora do primeiro premio e de cada un dos accésits concedidos. Os recursos premiados serán expostos e publicitados de xeito permanente na web de AGEDA, sen prexuizo de que os e as gañadoras podan publicalos por outras vias

A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases e do fallo do xurado.

Deixa unha resposta