Asemblea Xeral AGEDA. 24 de novembro 2017

Está convocada a Asemblea Xeral ordinaria da Asociación Galega de Ensinantes de Debuxo e Artes plásticas, que se celebrará ás 17:30 horas do próximo 24 de novembro nos locais de A Nave de Vidán (Avda. da mestra Victoria Míguez, acceso a Santiago a poucos metros da rotonda de Vidán, periférico con carretera de Noia).

Ademáis dos membros de AGEDA, permítese a asistencia doutros profesores/as de Debuxo e materias artísticas non asociados.

1º Concurso de Recursos para a docencia do Debuxo e Artes Plásticas

Iº Concurso de Recursos para a docencia do Debuxo e Artes Plásticas

Obxectivos- O presente concurso pretende estimular e incentivar a creación e intercambio de materiais de apoio á docencia do Debuxo e as Artes plásticas.

Participación- Poderan participar todas aquelas persoas físicas a título individual ou de xeito colectivo que se atopasen exercendo a docencia reglada na Comunidade Autónoma de Galicia nalgún dos cursos académicos de 20102011ao presente 2015-16.

Características dos recursos apresentados a concurso- Admítense todo tipo de materiais e recursos educativos en soporte informático feitos en lingua galega/inglesa/castelá destinados ao ámbito do Debuxo e as Artes Plásticas publicados baixo licenzas libres como Creative Commons ou GPL.
Cada participante poderá enviar un máximo de 3 recursos educativos a título individual ou de xeito colectivo. Ditos recursos, xunto coa documentación que especifique: Título do traballo, materia/s ao cal se destina, curso ou nivel recomendado, autor/es, breve descripción do contido/s a tratar ou temática e de ser o caso as indicacións que se consideren necesarias para amosalos a través de internet.

Premios- Concederanse un primeiro premio cunha dotación de 500 € e ata 5 accésits cunha dotación de 100 €.

Prazo e forma de presentación- Admitiranse todos aqueles recursos enviados antes do 31 de xullo do 2016. Os materiais deberán ser enviados por correo electrónico á seguinte dirección, de tratarse de documentos pesados poderase utilizar un servicio de transferencia de arquivos como wetransfer: actividades@webageda.org

Procedemento de selección e Xurado- A Directiva de AGEDA nomeará un comité seleccionador composto por 5 persoas para comprobar que os recursos educativos sexan orixinais, teñan valor educativo e posúan a suficiente calidade técnica para ser amosados. Aqueles que se consideren de interese para a comunidade docente serán expostos na web da Asociacion galega de Ensinantes de Debuxo e Artes Plásticas.

Votación e publicación de resultados- Unha vez publicados abrirase un prazo no que cada membro de AGEDA poderá emitir por correo electrónico un voto de 5 puntos, outro de 3 puntos e outro de 1 punto. Na resposta de confirmación cada votante recibirá unha clave privada. Rematado o prazo será publicada unha táboa de puntuacións onde cada un poderá comprobar a inclusión correcta dos seus votos.

Acreditación- AGEDA emitirá un certificado acreditativo para o gañador ou gañadora do primeiro premio e de cada un dos accésits concedidos. Os recursos premiados serán expostos e publicitados de xeito permanente na web de AGEDA, sen prexuizo de que os e as gañadoras podan publicalos por outras vias

A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases e do fallo do xurado.

Novos espazos de aprendizaxe: o blog de aula. VI Xornadas didácticas AGEDA

Lugo, 25 e 26 de abril de 2014
Apertura
Venres 25 de 16:30 a 17:30
1._ Debate sobre o uso e as posibilidades didácticas dos blogs de aula e outros espazos virtuais
Creación e mantemento de blogs de aula con WordPress
Venres 25 de 17:30 a 20:30
1._ Construción, deseño e configuración do blog
2._ Administración do blog (usuarios, contido, temas, apariencia, plugings…)
3._ Edición de contidos
4._ Inserir imaxes, elementos multimedia e applets
5._ Incrustar elementos de medios externos (presentacións, vídeos …)
Creación e mantemento de blogs de aula con Drupal
Sábado 26 de 10:00 a 14:00: Creación do blog
1.- Comprobación dos módulos instalados
2.- Creación do conxunto de taxonomías e menú
3.- Creación das vistas do módulo views: portada, hemeroteca e máis visitados
4.- Elección do tema a asignación empregando o themekey
5.- Configuración do bloques: categorías, máis visitados, etiquetas, meta
Sábado 26 de 16:00 a 20:00: Inserir contidos no blog
1.- Texto simple, elixindo a categoría (estática ou ben con etiquetas)
2.- Inserir unha imaxe
3.- Copiar e pegar do Writer
4.- Incrustar: pdf, Youtube, Geogebra
5.- Motor de RSS e configuración do cliente