MODELADO E IMPRESIÓN 3D
Brión (A Coruña) · 12 e 13 de maio de 2017
> CONVOCATORIA COMPLETA < Impresos de matrícula:
Prazas: 40
Prazo pechado.
Prazas: 40
Prazo pechado.
> CONVOCATORIA COMPLETA < Impresos de matrícula:
Prazas: 40
Prazo de inscrición pechado.
Iº Concurso de Recursos para a docencia do Debuxo e Artes Plásticas
Obxectivos- O presente concurso pretende estimular e incentivar a creación e intercambio de materiais de apoio á docencia do Debuxo e as Artes plásticas.
Participación- Poderan participar todas aquelas persoas físicas a título individual ou de xeito colectivo que se atopasen exercendo a docencia reglada na Comunidade Autónoma de Galicia nalgún dos cursos académicos de 20102011ao presente 2015-16.
Características dos recursos apresentados a concurso- Admítense todo tipo de materiais e recursos educativos en soporte informático feitos en lingua galega/inglesa/castelá destinados ao ámbito do Debuxo e as Artes Plásticas publicados baixo licenzas libres como Creative Commons ou GPL.
Cada participante poderá enviar un máximo de 3 recursos educativos a título individual ou de xeito colectivo. Ditos recursos, xunto coa documentación que especifique: Título do traballo, materia/s ao cal se destina, curso ou nivel recomendado, autor/es, breve descripción do contido/s a tratar ou temática e de ser o caso as indicacións que se consideren necesarias para amosalos a través de internet.
Premios- Concederanse un primeiro premio cunha dotación de 500 € e ata 5 accésits cunha dotación de 100 €.
Prazo e forma de presentación- Admitiranse todos aqueles recursos enviados antes do 31 de xullo do 2016. Os materiais deberán ser enviados por correo electrónico á seguinte dirección, de tratarse de documentos pesados poderase utilizar un servicio de transferencia de arquivos como wetransfer: actividades@webageda.org
Procedemento de selección e Xurado- A Directiva de AGEDA nomeará un comité seleccionador composto por 5 persoas para comprobar que os recursos educativos sexan orixinais, teñan valor educativo e posúan a suficiente calidade técnica para ser amosados. Aqueles que se consideren de interese para a comunidade docente serán expostos na web da Asociacion galega de Ensinantes de Debuxo e Artes Plásticas.
Votación e publicación de resultados- Unha vez publicados abrirase un prazo no que cada membro de AGEDA poderá emitir por correo electrónico un voto de 5 puntos, outro de 3 puntos e outro de 1 punto. Na resposta de confirmación cada votante recibirá unha clave privada. Rematado o prazo será publicada unha táboa de puntuacións onde cada un poderá comprobar a inclusión correcta dos seus votos.
Acreditación- AGEDA emitirá un certificado acreditativo para o gañador ou gañadora do primeiro premio e de cada un dos accésits concedidos. Os recursos premiados serán expostos e publicitados de xeito permanente na web de AGEDA, sen prexuizo de que os e as gañadoras podan publicalos por outras vias
A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases e do fallo do xurado.
> CONVOCATORIA COMPLETA < Impresos de matrícula:
Prazas: 50
Disponibles a 6_5_2016: –
Prazo de matrícula pechado.
> CONVOCATORIA COMPLETA <
Impresos de matrícula:
Prazas disponibles a 21_4_2014: 24
-Prazo ampliado até o martes 22 de abril-